Venda · Terreo

Finca chá en Artes, Carballo

Consultar prezo

Artes · Carballo · A Coruña

Finca despexada en Artes con noiro e arboredo ao fondo
  • Terreo chan e despexado
  • Acceso directo desde vía pública
  • Beirarrúa a pé de finca
  • Contorno residencial consolidado
  • Servizos urbanos na propia rúa

Descrición

Finca chá e despexada en Artes, no concello de Carballo, a pé dunha vía pública asfaltada e con beirarrúa propia diante da parcela.

O terreo preséntase limpo e sensiblemente horizontal, sen desniveis que compliquen unha futura actuación, e está delimitado na parte traseira por un noiro con vexetación e arboredo que lle dá privacidade. Arredor hai vivendas e edificacións consolidadas, cos servizos urbanos pasando pola propia rúa.

A súa forma regular e o acceso rodado directo fana cómoda de aproveitar. Consúltanos as posibilidades concretas da parcela e informámoste sen compromiso.

Galería

Falamos desta finca?

Contámosche todo o que sabemos da parcela, sen compromiso.